Monday 29 de April de 2024

O Partido Popular de Arzúa fai públicas propostas de mellora de cara á organización do 50 aniversario da Festa do Queixo en 2025


• Convidan ao tripartito local a iniciar de inmediato os traballos de preparación do evento por excelencia do municipio, que na vindeira edición cumprirá medio século de vida.

• Recuperar a importancia da festa como evento gastronómico e permitir o acceso libre aos conceptos debe ser unha prioridade.

Pasados uns días da celebración da edición 49 da Festa do Queixo de Arzúa, o Partido Popular arzuán realizou unha reunión na que propón puntos de mellora para o 2025, ano do 50 aniversario.
O PP recomenda adiantar os sempre tardíos traballos de organización da festa, como a promoción e as contratacións, as que non poden esperar ós últimos días.

Outro dos cambios propostos é recuperar o peso e importancia da festa como evento gastronómico. Para o voceiro popular, Rafael Rivadulla, “o queixo ten que volver ser protagonista principal, dende hai anos o concelleiro de Cultura, José Luís García, relegou a súa importancia en favor do festival musical, no que se invisten tres cuartas partes do orzamento”, ó que engade que “a música é un complemento fundamental, pero a promoción do queixo como produto insigne de Arzúa ben merece algo pouco máis de coidado e promoción”.

Dende o PP se propón tamén unha orientación cara un público máis diverso, que xere máis asistencia ó recinto feiral e que aporte un maior beneficio á economía local.

Un cambio obrigatorio para o PP é a eliminación do peche perimetral da zona de concertos, así coma o control de acceso, algo que está a crear unha imaxe negativa da festa. A alternativa dunha pantalla na praza para acoller o público que non puido entrar nos concertos non xurdiu efecto e tan so chegou a xuntar unha vintena de persoas, pois a gran maioría preferiu escoitar no exterior do recinto, facendo cola.

O comunicado da alcaldía, do BNG, o día anterior á realización dos concertos, deu a entender que a decisión de poñer aforo foi da concellería de cultura, de AxA. Para Rivadulla, “o alcalde pretendeu lavar as mans, pero no tripartito BNG-AxA-PSOE son todos culpables e responsables”.
Igualmente propoñemos a volta do pregón ó domingo, para unha asistencia maior, e unha maior duración en días do concurso de petiscos, que permitiría máis participación da hostalería e do público, ou un pago polo mesmo, así como un sistema público de selección do gañador.
Finalmente, a selección do cartel debería reconsiderarse os efectos positivos da publicidade do formato concurso sobre a simple contratación, e a designación dos arzuáns do ano, aínda que sempre foi acertada, podería enriquecerse coas aportacións da veciñanza.